O programa formativo Galegas Dixitais desembarca en Nigrán
venres, 1 de setembro do 2023
Dende
esta semana e até o 11 de setembro estará aberta a inscrición para
as mulleres de Nigrán que queiran dar un novo paso en materia de
capacitación tecnolóxica. Trátase do programa Galegas
Dixitais, unha iniciativa autonómica de formación de balde
dirixida á poboación feminina de concellos de menos de 30.000
habitantes. Desenvolverase dende o 18 de setembro ao 30 de outubro.
As
persoas interesadas deberán presentar o formulario de inscrición no
Rexistro Xeral do Concello de 9.00 horas a 13.00 horas ou a través
da
sede electrónica, acompañada da tarxeta de desemprego ou
tarxeta de mellora de emprego.
A
través desta iniciativa achéganse competencias dixitais básicas
(40 horas), competencias dixitais avanzadas (40 horas) e competencias
dixitais para o emprendemento (40 horas).
Terán
preferencia para participar as mulleres de Nigrán en situación de
desemprego. As actividades levaranse a cabo de luns a venres no
Centro Antena daa rúa Otero Pedrayo, en horario de mañá e tarde.
Galegas
Dixitais conta co financiamento da Unión Europea NextGenerationEU a
través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Organizado por Beproject Consultores e Ara Formación, ten como
obxectivo concreto “mellorar as capacidades dixitais das
participantes”. No
Facebook de Galegas Dixitais podemos consultar o calendario das
restantes actividades e paradas nos concellos da xeografía
galega.
As
mulleres que se inscriban nesta iniciativa poderán obter os
seguintes resultados:
- Aprender a usar as novas tecnoloxías
tanto para o día a día como para o seu traballo ou
negocio.
- Mellorar a súa capacidade de empregabilidade.
- Levar
un ordenador portátil totalmente gratuíto.
Participar
neste programa é totalmente de balde xa que o programa está
promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de
Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos
Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e
Resiliencia da Unión Europea.