O proxecto OLPC aperta o cinto

xoves, 8 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O estrepitoso fracaso do proxecto One Laptop per Child (OLPC) que se popularizara ante a incumprida promesa de achegar ordenadores portátiles de 100 dólares aos nenos de países en vías de desenvolvemento, e como consecuencia Nicholas Negroponte anunciou que a organización está «reenfocando a súa misión» recortando a metade do seu cadro de persoal e reducindo o salario dos 32 traballadores restantes.
Tamén abandonan o desenvolvemento do sistema operativo Sugar, que o deixan para a comunidade de usuarios, para centrarse na vindeira xeración da súa plataforma de portátiles e na creación dun programa de conectividade sen custo para os máis necesitados.