O proxecto e-Diabetes do SERGAS, distinguido na V edición dos Premios Ennova Health 2025
mércores, 19 de novembro do 2025
O proxecto E-Diabetes do Servizo Galego de Saúde resultou premiado na V edición dos premios Ennova Health 2025 das publicacións Diario Médico e Correo Farmacéutico, na categorÃa de transformación dixital. Este programa fai un seguimento dos niveis de glicosa de máis de 12.000 pacientes por medio de sensores de envÃo domiciliario e garantindo a integración dos datos na historia clÃnica electrónica.
O premio foi recollido pola subdirectora xeral de Integración Asistencial e Innovación do Servizo Galego de Saúde, Alicia Piñeiro.
Esta iniciativa do departamento sanitario galego compleméntase coa aplicación SERGAS Diabetes, recollendo datos en relación ao exercicio fÃsico ou á presión arterial.
Galicia tamén participa no proxecto europeo Coido da miña diabetes, que busca mellorar da atención ás persoas con diabetes tipo 2, ofrecendo un modelo innovador e personalizado que combina a prevención e o autocoidado.
