O proxecto galego Pic4Learn achega tecnoloxía para facilitar a educación dos nenos autistas

venres, 10 de xullo do 2020 S. P.

Esta semana soubemos máis detalles da iniciativa gañadora do Premio Gradiant LPRO Days 2020, galardón do Centro Tecnolóxico Gradiant dirixido a impulsar novos proxectos tecnolóxicos da nosa mocidade innovadora e investigadora. O premio, que vén con 500 euros de contía, foi dar á aplicación Pic4Learn, baseada na tecnoloxía de recoñecemento de imaxes e dirixida a simplificar e adaptar textos en contos infantís. Os LPRO Days veñen da man da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. No xurado participou Gradiant, participando na selección dos proxectos participantes.
As presentacións realizáronse de forma virtual e, de entre as cinco contribucións escollidas finalistas, Pic4Learn resultou gañadora do Premio Gradiant, valorado en 500 euros.
Pic4Learn ten a finalidade de traducir pictogramas de texto sen formato a partir de imaxes, o que derivou no deseño dunha tecnoloxía para o recoñecemento de imaxes e a simplificación e adaptación de textos en contos infantís.
Os seus creadores, Ana Purriños (AP), Shaila Calvo (SC), Jorge Núñez (JN), Lorena Gil (LG) e Mónica Loureiro (ML) crearon coa súa proposta unha ferramenta que dá resposta ás necesidades que cada día sofren as máis de 27.000 persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) en Galicia. Ana Purriños sinalou que “a idea xurdiu por mor dunha profesora de educación infantil que nos fixo chegar a dificultade á que se enfrontan os profesores ao ter que traducir manualmente todos os contidos para os nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA), moitas veces sen ter o

PUBLICIDADE