O proxecto galego de biblioteca virtual da saúde, recoñecido pola SEDIC
luns, 21 de novembro do 2011
A semana pasada un desenvolvemento tecnolóxico
galego para o eido da sanidade obtivo o
recoñecemento dunha entidade estatal, a Asociación Española de Documentación
e Información (SEDIC). A distinción da que estamos a falar, o premio á calidade
na innovación da dita plataforma, foi dar ao proxecto de biblioteca virtual
sobre o coñecemento médico Bibliosaúde,
recoñecido como mellor contribución dentro do contexto de iniciativas de
centros de documentación e bibliotecas de ciencias da saúde.
O galardón veu dado polos elementos
innovadores e orixinais que pon en xogo a iniciativa galega, segundo sinalou o
xurado do certame, ao que cómpre engadir o seu potencial como contorno
participativo e integrador, ligado ás novas tecnoloxÃas que, en troques de
minimizar o alcance, non fan máis que maximizalo.
O proxecto Bibliosaúde vén da man da ConsellerÃa
de Sanidade e consiste nunha biblioteca virtual posta en marcha para contribuÃr
á actualización dos profesionais e á mellora dos servizos, facendo especial
fincapé na asistencia aos pacientes. Arestora conta con máis de 10.000 usuarios
e ao seu abeiro leváronse a cabo máis de 300.000 descargas de artigos das máis
de 700 e-revistas comúns ás que está subscrita a ConsellerÃa.
