O proxecto galego-portugués Twin NavAux centrou unha xornada divulgativa en Porto
xoves, 26 de decembro do 2024
O mércores 18 de decembro de 2024 celebrouse no Porto unha xornada de divulgación tecnolóxica arredor das tecnoloxÃas virtuais na industria, en formato mixto, online e presencial. O obxectivo desta sesión, titulada Cara ao xemelgo dixital intelixente: optimización tecnolóxica e económica na empresa. O proxecto Twin NavAux, foi permitir que as persoas participantes puidesen entrar en contacto con casos reais de desenvolvemento dos xemelgos dixitais, coñecer o estado actual desta tecnoloxÃa e facer balance da creación dos tres pilotos que o proxecto Twin NavAux desenvolve para tres empresas fabricantes da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
No evento participaron os socios do proxecto Twin NavAux: Axencia Galega de Innovación (a través do CIS TecnoloxÃa e Deseño), Asociación Clúster Naval de Galicia (ACLUNAGA), Universidade da Coruña, CATIM – Centro de Apoio Tecnolóxico á Indústria Metalomecânica, Universidade Portucalense, Ibercisa Deck Machinery, Industrias Ferri e Electrorayma, asà como diferentes empresas e representantes de entidades industriais e educativas de España e Portugal.
Tras unha primeira presentación do proxecto Twin NavAux e o apoio do Programa Interreg VI-A España-Portugal POCTEP 2021 – 2027 para o mesmo, a empresa Infinite Foundry, de Porto, presentou aos asistentes a súa experiencia en solucións de simulación e optimización de procesos industriais a través de xemelgos dixitais e simuladores virtuais, co fin de reducir custos, aumentar a produtividade e mellorar a toma de decisións das empresas. En concreto, conta cunha liña de actividade centrada no desenvolvemento de virtualizacións no metaverso, un dos ámbitos de actuación que tamén aparece no proxecto Twin NavAux. A continuación, persoal investigador da Universidade Portucalense e da Universidade da Coruña (UDC) explicou o estado actual dos pilotos de xemelgos virtuais que están a desenvolver para as empresas Ibercisa, Ferri e Electrorayma. Estes pilotos, incluÃdos dentro do proxecto Twin NavAux, están en varias fases de desenvolvemento e espérase que estean rematados a finais de 2025.
O xemelgo dixital é un concepto tecnolóxico que busca mellorar a rendibilidade das empresas mediante o coñecemento profundo dos seus equipos e sistemas de produción e que actualmente se atopa nunha fase inicial de desenvolvemento. Cada unha das tecnoloxÃas que as compoñen e como se relacionan entre si aÃnda están a definirse en profundidade, e o proxecto Twin NavAux está a traballar exactamente nesta liña. O proxecto Twin NavAux, cof-inanciado nun 75% pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal POCTEP 2021 – 2027, céntrase na promoción do uso do Xemelgo Dixital na Industria Auxiliar Naval de Galicia e Norte de Portugal.