O proxecto transmedia Chola & Lola busca financiamento cunha tenda en liña

mércores, 12 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Dende 2015 un proxecto de blogserie está procurando coller forma da man da actriz e creadora escénica Laura Villaverde, quen nunha canle de YouTube vai publicando capítulos con consellos estéticos, culturais e laborais inspirados dun xeito retranqueiro en celebridades na Rede como Chiara Ferragni, Sara Carbonero ou Paula Echevarría. Falamos de Chola & Lola, iniciativa que busca ser transmedia, de xeito que irá máis aló da Internet e pretende converterse nun espectáculo escénico titulado CHOLA; A it Girl da compañía ArtesaCía.
Como estratexia de financiamento dende ArtesaCía pensaron en abrir unha tenda en liña na que a protagonista do espectáculo, Chola, puidese vender a súa primeira colección de bolsos e camisetas chamada Muller Glocal. A devandita tenda electrónica xa abriu as súas portas virtuais, de xeito que xa podemos adquirir os bolsos e as camisetas que presentan a imaxe da It Girl rectificada que persegue Chola, defendendo que o rural é o auténtico e podería ser tendencia.

Na nova tenda en liña comercializan camisetas, bolsos e ilustracións.

Vídeo promocional da nova tenda en liña

PUBLICIDADE