O responsable de comunicación dixital do Museo do Prado participa no Ciclo de Cultura Científica

luns, 27 de maio do 2024 Redacción

O responsable de comunicación dixital do Museo del Prado, Javier Sainz de los Terreros, exporá este martes de 18:00 a 19:30 no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia o modelo de éxito das redes sociais do seu centro museístico. Esta actividade, dentro do Ciclo de Cultura Científica da Xunta, tamén será retransmitida en streaming a través da canle de YouTube da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Baixo o título Estratexias de comunicación dixital. As redes sociais do Museo do Prado, a conferencia de Sainz de los Terreros afondará na revolución que supuxeron dos medios sociais e dixitais na forma na que nos comunicamos e na fórmula aplicada na estratexia dixital do centro museístico: humanizar, honestidade e transparencia. Así mesmo, abordará a influencia na nosa vida diaria da tecnoloxía asociada, como os algoritmos, o uso dos datos e a intelixencia artificial.
Javier Sainz de los Terreros leva máis de dez anos como responsable de comunicación dixital do Museo do Prado, responsabilidade na que desenvolve unha estratexia de vídeos en directo diarios a través de Instagram, para mostrar aspectos menos coñecidos da colección do centro, cun gran éxito de audiencia, que posteriormente estendeu a TikTok.

O relatorio de Javier Sainz poderá seguirse a través de YouTube

PUBLICIDADE