Os responsables de Topes de Gama terán que pagar máis de medio millón de euros por competencia desleal
luns, 27 de maio do 2024
No mes de marzo sóubose que os responsables da canles de YouTube Topes de Gama, antes coñecida como Andro4all (marca explotada polo grupo coruñés Difoosion), foron condenados a indemnizar ao Grupo ADSLZone por un total de 173.730,76 euros por competencia desleal ao crear dúas páxinas web que competían directamente con Topesdegama.com (espazo creado en colaboración con ADSLZone).
Pero a resolución da Corte de Arbitraxe de Madrid non se limitaba á sanción antes mencionada, senón que agora o denunciante, Javier Sanz, director xeral de ADSLZone, desvela que en virtude dunha cláusula penal incluída no pacto entre socios incumprido polos responsables de Topes de Gama, os condenados teñen que pagar ao socio prexudicado unha penalización equivalente ao dobre do dano causado, ou sexa, que deben satisfacer con 173.730,76 euros á sociedade conxunta e outros 347.461,52 euros a Sanz, así como o dobre do devengado entre novembro de 2023 e maio de 2024, de xeito que finalmente a cantidade a satisfacer superaría o medio millón de euros.