O roadshow da banda larga de Movistar recala en Arbo até o domingo
venres, 9 de agosto do 2019
O
roadshow galego de Movistar, destinado a informar das
posibilidades e utilidades das redes ultrarrápidas de Telefónica,
está a percorrer este verán 15 concellos galegos: 15 municipios
beneficiados polo Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e o
seu despregue de fibra até o fogar (FTTH), ámbito no que Telefónica
resultou adxudicataria. O
itinerario, no que tamén participa o Goberno galego (a través de
AMTEGA), vén de facer unha parada de varios días no concello
pontevedrés de Arbo. Os días pasados, como lembraremos, o
itinerario pasou por Pobra, Dodro, Rianxo, San Cibrao das Viñas e
Fornelos de Montes.
Así,
de 10:30 h. a 14:30 h. e de 16:30 h. a 20:00 h, persoal especializado
da compañía de telecomunicacións ficará estes días na
Carballeira de Turbela, en Arbo, para explicar os beneficios das
redes ultrarrápidas de Telefónica, que destacan, en palabras da
operadora, pola “súa alta capacidade e calidade de transmisión (o
sinal é inmune ás interferencias externas e ás inclemencias
meteorolóxicas), e por ofrecer a posibilidade de conectar varios
dispositivos á vez coas mellores condicións de velocidade e
calidade, gozar de contidos audiovisuais en alta definición ou
videoxogos de última xeración”.
Segundo
engade a compañía, “a diferenza doutras tecnoloxías semellantes,
a fibra de Telefónica chega até o propio fogar, é dicir, non
utiliza cobre ou coaxial no último treito e, por tanto, non perde
velocidade porque non é compartida con ningún outro cliente”.
Amais, “conta cun largo de banda ilimitado e simetría na baixada e
subida de datos”, amais de ser adaptábel a diferentes evolucións
e necesidades (escalabilidade) e contar con capacidade para aumentar
no futuro os Mbps actuais de forma ilimitada, explica a maiores
Telefónica.
A
iniciativa é unha de actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta,
adxudicada a Telefónica en marzo do ano pasado, e que facilitará o
acceso a redes de máis de 100 Mbps a través de fibra óptica a
74.000 veciños de 181 concellos do catro provincias galegas. Estes
despregues contarán cun investimento público de 14,2 millóns de
euros, co-financiados nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (FEADER).
Grazas
a esta medida, e ás contempladas no marco do Programa Nacional de
Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA) do Estado, en 2020
máis de 513.000 galegos terán acceso a redes as ultrarrápidas de
Telefónica, o que supón que, en ano e medio, o 80% da poboación de
Galicia terá acceso a redes de máis de 30Mbps, “unha porcentaxe
que se incrementará coas novas convocatorias estatais previstas”,
explica a operadora, engadindo que a xira Roadshow de Movistar
e a Xunta está a visitar durante os meses de xullo e agosto un total
de 15 concellos: Riotorto, Culleredo, Pobra do Caramiñal, Dodro,
Rianxo, San Cibrao das Viñas, Ponteceso, Vimianzo, Padrón, Barro,
Esgos, Xunqueira de Espadañedo, Sarreaus e Fisterra. Estes
municipios teñen en común que xa contan con cobertura de FTTH
grazas aos plans da Xunta e do Estado. O obxectivo desta campaña é
informar á poboación que xa pode dispor deste servizo.
Os
veciños galegos interesados en coñecer se o seu municipio entra
dentro destes plans, poden realizar as súas consultas a través do
teléfono 1004 ou da páxina web
movistar.es.