O router Netgear R6300 permitirá transferencias a 1,3 Gbps
venres, 27 de abril do 2012
As comunicacións informáticas
sen fÃos non paran de mellorar en velocidade para atender ás crecentes
necesidades dos usuarios, e tras a adopción masiva das redes Wi-Fi N, a
industria xa ten a vista posta na nova xeración de Wi-Fi baixo o estándar IEEE
802.11ac, que triplicarÃa a velocidade da anterior e que poderÃan chegar a
igualar a velocidade das redes cableadas con tecnoloxÃas Gigabit Ethernet.
Un dos primeiros fabricantes en colocar un produto desta categorÃa no mercado é
Netgear, que presenta o seu router
Netgear R6300, que presume de ser o primeiro Wi-Fi 802.11ac de dobre banda
con soporte de 5G
Wi-Fi a velocidades Gigabit, conservando a compatibilidade cos estándares
Wi-Fi anteriores.
O Netgear R6300 poderÃa chegar a mover transferencias de datos a unha
velocidade de ata 1.300 Mbps na banda dos 5 GHz e de 450 Mbps na banda dos 2,4
GHz, permitindo que os usuarios descarguen contidos no fogar ou na oficina nun
tempo moi inferior do que podÃan facer coas actuais redes sen fÃos, mantendo un
consumo moi semellante.
Este
atractivo router estará dispoñible o mes que vén por 199,99 dólares (150,79
euros) e conta con moitas outras prestacións interesantes aparte da súa
velocidade, como 2 portos USB que permiten conectar simultaneamente unha
unidade de almacenamento USB e unha impresora para compartilas en rede (compatible
con AirPrint, facilitando a impresión dende un iPad ou iPhone), integra filtros
de control paterno, pode funcionar como servidor DLNA e incluso pode
administrarse a través de móbiles con iOS ou Android. Mide 255 x 205 x 77
milÃmetros, pesa 654 gramos e, aparte de Wi-Fi, tamén ten 1 porto WAN e 4 LAN,
todos Gigabit Ethernet, deixando clara a aposta deste dispositivos pola
velocidade de transferencia.