O sector do estilismo e os salóns de peiteado aprendeu a dominar as redes sociais en Compostela Monumental
luns, 30 de setembro do 2024
Esta fin de semana a sede da Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental foi o escenario dunha xornada intensiva de formación dirixida a estilistas e salóns de peiteado de distintos puntos e localidades da xeografía galega (Santiago de Compostela, Corcubión, Portonovo, Ponteceso, Lugo…etc), co obxectivo de axudar ao sector a coller as rendas da Internet e das posibilidades (importantes) que poñen as redes sociais á súa disposición.
Durante o evento, as/os profesionais aprenderon da man da recoñecida xestora de comunidades en liña Lola Navarro, como non ter medo ao uso das redes sociais, así como diversas ferramentas de edición dixital, coa finalidade de “aumentar as súas vendas e mellorar o seu alcance cara ao público obxectivo”.
A iniciativa foi promovida pola asociada de Compostela Monumental, Ariadna Gómez, propietaria de GYG Estilistas, salón de peiteado situado na rúa das Rodas, en pleno centro histórico de Santiago de Compostela.
Gómez destacou "a importancia desta formarse continuamente para manterse competitivas nun mercado cada vez máis dixitalizado" e expresou "a súa satisfacción pola alta participación e o entusiasmo mostrado polas asistentes”.
As sesións leváronse a cabo no salón de actos de Compostela Monumental na Algalia de Arriba 31.