O sector tecnolóxico galego supera os 23 mil empregados
luns, 16 de xuño do 2025

- Empregados do sector TIC galego 2020-2024
O sector tecnolóxico galego continúa coa súa tendencia de crecemento e alcanza a súa cifra récord de profesionais, con 23.467 persoas empregadas. Galicia conta con 3.108 empresas TIC, o que representa o 4,7 % do total estatal e mantén á Comunidade na quinta posición no conxunto de España en número de compañÃas deste ámbito.
No plano económico, o Valor Engadido Bruto do sector situouse nos 1.806 millóns de euros no ano 2022 (último dato dispoñible), a cifra máis elevada da serie histórica, equivalente ao 2,53 % do PIB galego.
Pola súa banda, o volume de negocio das empresas tecnolóxicas galegas alcanzou os 3.714 millóns de euros, cun incremento do 0,5 % respecto ao exercicio anterior.
Estes datos forman parte do informe Galicia Dixital: O sector TIC de Galicia 2024, elaborado polo OSIMGA.
Impulso ás tecnoloxÃas intelixentes e á innovación
Entre as tecnoloxÃas emerxentes no sector, destaca a intelixencia artificial, presente en máis do 38,3 % das empresas, cun uso predominante na xeración de linguaxe natural (aplicada polo 67,4 % das compañÃas que integran IA).
Tamén teñen unha presenza relevante o Big Data (35 %) e o Internet das Cousas (36,6 %), mediante o uso de sensores, cámaras e termóstatos intelixentes. Asemade, medra a adopción de solucións como o Business Intelligence (24,3 %) e o Blockchain (22,2 %).
No ámbito da innovación, o 36,8 % das empresas tecnolóxicas desenvolveu actividades de I+D+i nos últimos tres anos, mentres que o 34,7 % introduciu produtos novos ou mellorados, un 20% máis que no exercicio anterior.
En canto á ciberseguridade, o 26,3 % das empresas TIC galegas ofrece servizos neste eido.
PerfÃs profesionais e necesidades de contratación
Segundo o informe de OSIMGA, o 40 % do persoal das empresas TIC galegas posúe titulación universitaria nas áreas STEM, mentres que os titulados de ciclos formativos nestas disciplinas representan o 28,2 %, cun aumento do 35,5 % respecto ao ano anterior.
O 76,7 % das empresas TIC sinalan dificultades considerables para contratar profesionais cualificados.
Avance do comercio electrónico e da formación interna
No último ano, a proporción de empresas TIC galegas que realizan vendas en liña medrou en máis dun 2,5 %, situándose no 33,4 %. Esta canle representa xa o 54,4 % do volume total de negocio do sector.
Ademais, o 40,4 % das empresas ofrece formación TIC ao seu persoal, un incremento do 11,9 % respecto ao ano 2023. As áreas de maior interese formativo son a intelixencia artificial (59,1 %) e a ciberseguridade (50,8 %).
Infraestruturas e ferramentas dixitais
As ferramentas de xestión contable están implantadas no 90 % das empresas TIC, mentres que o 69,6 % emprega servizos de computación na nube (cun aumento do 9,4 %). No referente á conectividade, a fibra óptica é a tecnoloxÃa de acceso a Internet máis utilizada, cunha cobertura do 81,7 %. Ademais, o 97,1 % das compañÃas dispoñen de conexións cunha velocidade igual ou superior a 100 Mbps.
