O seguimento dos nosos móbiles servirá para combater o coronavirus
martes, 24 de marzo do 2020
Na
pasada convocatoria de prensa da ministra de Asuntos Económicos e
Transformación Dixital, Nadia Calviño, na que estivo acompañada polo ministro
de Sanidade, Salvador Illa, anunciouse que para o seguimento das medidas de
confinamento por mor do COVID-19 van «tratar de desenvolver elementos de intelixencia
artificial para entender os desprazamentos das persoas e anticipar posibles pescozos
de botella, aglomeracións e situacións de tensión» para o que captarán
datos anónimos e agregados dos móbiles da poboación, comezando pola
Comunidade Valenciana, na liña do que o Instituto Nacional de EstatÃstica (INE)
fixo hai
uns meses para coñecer os desprazamentos dos cidadáns.
En Valencia hai un grupo de especialistas en saúde pública, software e modelos
matemáticos que leva un tempo colaborando con Vodafone e Orange, polo que tras
a autorización do Goberno poden retomar as súas actividades e asà poder tirar
proveito do seu traballo para facilitar información sobre os desprazamentos da
poboación para ir traballar, os momentos nos que sae moita xente á rúa ou o
impacto do peche de negocios e colexios nos desprazamentos da poboación,
podendo cruzar esta información con modelos epidemiolóxicos, e asà poder
anticiparse á evolución da pandemia.