O segundo capítulo do videoxogo galego AR-K chega a iOS e Android

mércores, 28 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

O estudio coruñés de videoxogos Gato Salvaje, conseguiu a mediados de 2013 completar un proxecto de micromecenado en Kickstarter para financiar o seu xogo AR-K para ordenador e dispositivos móbiles, e esta produción episódica continúa a avanzar dende aquela, superando finalmente o ecuador do proxecto, xa que veñen de informar aos mecenas de AR-K de que xa está dispoñible o segundo capítulo do xogo para iOS e para Android, descarga que para o público xeral custa 2,99 e 2,69 euros respectivamente, mentres que o primeiro capítulo é actualmente de balde para ambas plataformas como un xeito de introducir aos xogadores ás aventuras de Alicia.
Ao anunciar a dispoñibilidade da versión móbil do segundo capítulo do xogo, dende Gato Salvaje aproveitan para adiantar que o terceiro episodio está xa nun estado moi avanzado, coa gravación do son e as voces rematadas, polo que en breve darán máis detalles sobre a seguinte entrega desta aventura point and click que rematará no seu cuarto capítulo.


Trailer da versión móbil de AR-K

PUBLICIDADE