O servizo Unmillondecasas.com chega aos móbiles

xoves, 21 de febreiro do 2008 Raquel Noya

O buscador inmobiliario Un millón de Casas vén de anunciar que levará o seu catálogo de ofertas web (con máis de 600.000 inmobles na súa base de datos) ó terreo da telefonía móbil, converténdose deste xeito no primeiro e único buscador que achega un interfaz móbil de balde para consultar os inmobles da meirande parte das inmobiliarias de España.
Esta novidosa aplicación vai ter unha doble funcionalidade ó permitir, por unha banda, a consulta dos inmobles dende calquera localización ben sexa a través do móbil, PDA... para logo acceder a eles a través do buscador e por outra banda, permitiralles ós comerciais inmobiliarios ter acceso ó seu inventario en tempo real aínda que se atopen fóra da oficina.
Dende a súa creación en xuño do pasado ano, este portal inmobiliario “evoluíu e revolucionou a busca de inmobles por Internet” e “dinamizou a actividade de compra/venta nun intre delicado para o mercado inmobiliario”.

PUBLICIDADE