O servizo Vodafone Hogar 5G dispara as súas subscricións
mércores, 7 de xuño do 2023
AÃnda que
poderiamos pensar que a banda larga está presente nos fogares principalmente a
través de fibra óptica, hai moitos consumidores que non teñen esa sorte, e
teñen que empregar tecnoloxÃas alternativas, o que Vodafone soubo aproveitar en
abril coa súa campaña Tengo el power na que daba conta das
posibilidades de empregar a banda larga móbil para conectar os fogares, e o
resultado parece ter sido un grande éxito, xa que aseguran que o
servizo Vodafone Hogar 5G multiplicou por 5 as súas vendas entre marzo e maio.
Se ben podemos entender que a divulgación desta modalidade de conexión puido
ser unha parte deste éxito, hai outros elementos como a mobilidade que tamén
poden resultar atractivos (o router 5G pode trasladarse sen problema a unha
segunda vivenda ou a unha residencia de vacacións).
O obxectivo de Vodafone é conseguir ter 100.000 clientes de banda larga fixa
mediata 4G/5G en marzo de 2024.