O servizo de mensaxerÃa do 010 de Lugo xa ten 3.350 inscritos
mércores, 26 de xullo do 2017
O Concello
de Lugo vén de facer reconto da actividade do seu Servizo de
Información 010, logo de 12 anos de funcionamento. O balance, en
liñas xerais, é o seguinte: logo dunha ducia de anos,
contabilizáronse un millón de consultas atendidas. Polo que
respecta a 2017, máis de 35.200 persoas (6.200 máis có ano pasado)
contactaron no primeiro semestre do ano con este servizo, que recibe
unha media de 5.200 chamadas mensuais, unhas 6.200 máis que o mesmo
perÃodo do pasado ano. No que atinxe ao que nos ocupa, a vertente
TIC, o número de cidadáns inscritos no servizo de mensaxerÃa
gratuÃta a través do correo electrónico é de 3.350, e no de
mensaxes ao móbil, 2.100. En canto ás redes sociais, o 010 conta
con 2.700 seareiros.
De xaneiro a xuño,
xestionáronse arredor de 2.700 correos electrónicos, un 16% máis
de peticións ca no primeiro semestre do pasado ano.
Segundo engadiu o
Concello sobre a actividade xerada ao longo dano arredor destes
servizos, sen dúbida foi o mes de xuño un dos meses de meirande
volume de chamada.
O servizo, entre outras
funcións, serve para dar e recibir avisos das distintas incidencias
no funcionamento de servizos públicos, como atoamentos nas redes de
sumidoiros ou avarÃas no subministro da auga, asà como para
demandar información municipal ou información de actividades
realizadas por entidades colaboradoras do Concello. Salientan ademais
chamadas relacionadas coa xestión e trámites como as inscricións
para actividades, por exemplo.
Como dixemos, o 010
complementa a comunicación tradicional con información por outros
medios, como as redes sociais ou mensaxerÃa. Neste senso, o número
de persoas inscritas no servizo de mensaxerÃa de balde a través do
correo electrónico é de 3.350, 100 persoas máis con respecto ao
2016, e no de mensaxes de texto ao móbil, 2.100 persoas inscritas.
En canto ás redes sociais, o 010 está presente en Facebook, Twitter
e YouTube.