O shooter de hai 21 anos ponse á venda nunha versión actualizada
martes, 22 de setembro do 2015
A tenda dixital de videoxogos descargables sen DRM, GOG, anunciou
hai poucas horas unha rechamante novidade, xa que colleron o clásico xogo de
acción en primeira persoa System Shock,
lanzado tal dÃa como hoxe en 1994, e actualizárono nunha Enhanced Edition, que incorpora soporte
oficial para resolucións de pantalla de até 1.024 x 768 pÃxeles (a resolución
orixinal era de 640 x 480 pÃxeles) e incluso un modo panorámico de 854 x 480
pÃxeles, o que facilita o goce do xogo en equipos actuais (aÃnda que segue a
ser posible empregar os modos orixinais).
Esta revisión do xogo tamén corrixiu fallos detectados (ou sexa, que serÃa unha
actualización tradicional) e tamén
incluirÃa soporte para o control do punto de vista mediante o rato e teclas re-configurables
(podendo elixir entre 3 patróns distintos: controis orixinais, controis
personalizados e controis para zurdos).
Este clásico pódese mercar renovado
dende hoxe a un prezo promocional de 16,18 euros.
- Agora o xogo tamén pode gozarse en pantallas panorámicas
Tráiler da versión mellorada de System Shock