O smallQWERTY leva o teclado físico aos dispositivos táctiles

martes, 2 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Pese a que moitos usuarios consideren que os teclados virtuais en pantallas táctiles son válidos para a introdución puntual de texto, outros consideran que tal interface de uso resulta molesta, principalmente pola falta de resposta física, de aí que Mobience deseñase o teclado sen fíos smallQWERTY, que serviría para introducir texto en teléfonos móbiles intelixente, MID, tablets e outros dispositivos.
Polo momento aínda non coñecemos os detalles da comercialización deste accesorio, que tras a aprendizaxe debida permitiría unha escritura bastante rápida, que aínda que no superase á dun teclado convencional, estaría á altura da escritura de SMS nun móbil con teclado físico, que é máis do que podemos dicir na meirande parte dos teclados virtuais, nos que a introdución dun texto de certa lonxitude resulta nun proceso sumamente lento.

O smartQWERTY pode empregarse en múltiples smartphones

PUBLICIDADE