O software de atención cidadá EVID da galega Councilbox premiado pola Comisión Europea
luns, 2 de decembro do 2024
O pasado 28 de novembro Bruxelas acollÃa a GovTech Connect Assembly, un encontro centrado na innovación en Europa para os servizos públicos do futuro. Foi nesta asemblea onde a empresa galega Councilbox era premiada polo impacto transformador de Councilbox EVID, unha creación centrada na videoatención cidadá e a eficiencia dos servizos públicos, salientando ademais o seu respecto pola seguridade xurÃdica e a súa contribución á sustentabilidade ambiental.
Councilbox EVID, unha solución pioneira a nivel mundial na dixitalización da Xustiza, foi seleccionada entre centos de candidaturas de toda Europa como unha das cinco finalistas, resultando gañadora absoluta. Este recoñecemento reforza a súa posición como referente internacional en innovación tecnolóxica para achegar a Administración Pública á cidadanÃa, segundo valorou o equipo de Councilbox, que explicou que EVID permite realizar trámites xudiciais mediante reunións por videoconferencia segura, eliminando a necesidade de desprazamentos e facilitando o acceso á Xustiza desde calquera lugar. Asemade, combina funcionalidades avanzadas como: a convocatoria de vistas, a xestión de documentación asociada ao procedemento, a identificación incuestionábel dos participantes, e a aceptación de consentimentos en tempo real. Garante a seguridade xurÃdica ao empregar tecnoloxÃas como a cadea de bloques (blockchain) para evitar manipulacións e asegurar o non repudio de documentos e gravacións. EVID integra todo o ciclo do trámite, desde a identificación inicial até a sinatura de documentos e a xeración de xustificantes oficiais converténdoo nunha solución única para mellorar a eficiencia e accesibilidade dos servizos xudiciais.
- O equipo directivo da empresa galega Councilbox
Emporiso, o proxecto galego foi presentado en múltiples foros internacionais, onde tivo unha grande acollida pola súa capacidade para achegar a Xustiza e a Administración Pública á cidadanÃa, optimizar os recursos públicos e reducir a pegada ambiental, evitando os riscos de inseguridade, tecnolóxica ou xurÃdica doutras solucións.
Councilbox reafirma o seu compromiso coa innovación no sector público colaborando activamente con institucións de todo o mundo e promovendo a adopción de tecnoloxÃas emerxentes que melloren a calidade de vida da cidadanÃa.
Para achegármonos a Councilbox, sinalar que é unha empresa galega lÃder en tecnoloxÃas LegalTech e GovTech que a través do seu software de Oficina Virtual de Atención á CidadanÃa, OVAC, desenvolve novas canles innovadoras de atención para todo tipo de organizacións (Administracións Públicas como empresas), enfocados en facilitar os seus trámites de xeito remoto á cidadanÃa e garantindo sempre a súa seguridade xurÃdica.