O tablet para estudantes da India colle forma

martes, 11 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Aínda que o proxecto para crear un tablet de baixo custo para os estudantes da India parecía ser puro fume, pero finalmente os seus responsables saíron coa súa, e amosaron as súas especificacións finais e os seus prezos, que sería de 3.000 rupias (44,75 euros) para usuarios finais e 1.500 rupias (22,38 euros) para estudantes (pois contan cunha subvención estatal), o que queda aínda lonxe do obxectivo de prezo que queren acadar na India (buscan chegar ás 500 rupias).
Loxicamente, con ese prezo estamos ante un produto moi limitado, o tablet Aakah, que funciona cun procesador Connexant a 336 MHz, 256 Mb de RAM, 2 Gb de almacenamento interno, 2 portos USB 2.0, toma de auriculares estándar, pantalla táctil resistiva de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, conectividade GPRS e Wi-Fi e unha batería cunha autonomía de 180 minutos. O seu sistema operativo é Android 2.2, con aplicacións ofimáticas e soporte multimedia.


Vídeo no que dan numerosos detalles sobre o Aakash

PUBLICIDADE