O teléfono KY-O1L terá só 5,3 milÃmetros de grosor
xoves, 18 de outubro do 2018
Nun momento no que os smartphones compiten pola pantalla
máis grande, hai compañÃas que móvense na dirección contraria, e queren ofrecer
produtos compactos para atender a unha demanda reducida, pero existente. Temos
asà que NTT DoCoMo vai pór á venda
o mes que vén no Xapón un teléfono fabricado por Kyocera cunha dimensións
semellantes ás dunha tarxeta bancaria (aÃnda que cun grosor de 5,3 milÃmetros).
O teléfono
KY-O1L é un terminal cunhas dimensións de 91 x 55 x 5,3 milÃmetros, 47 gramos
de peso e pantalla de tinta electrónica de 2,8 polgadas, cunha baterÃa de 380 mAh (que permitirÃa até 100
horas en espera e 110 minutos en chamadas) e capaz de visualizar páxinas web
tirando proveito da súa conectividade Wi-Fi ou LTE (cunha velocidade de
descarga de até 100 Mbps e de subida de até 37,5 Mbps). O cerebro deste trebello é un procesador propio de dispositivos wearables, un Qualcomm Snapdragon Wear
2100 con 1 GB de RAM e 8 GB de almacenamento. Tamén conta con Bluetooth para
facilitar a transferencia dos contactos doutro teléfono.
Pese a estarmos ante un produto de funcionamento moi básico, resulta sumamente
exclusivo, polo que o seu prezo non está ao alcance de calquera, xa que venderase
a 32.000 iens (247 euros), cantidade que pouca xente está disposta a pagar por
un teléfono sen funcionalidades avanzadas.
- O teléfono fabricado por Kyocera ten unhas dimensións semellantes ás dunha tarxeta bancaria
O novo teléfono de Kyocera visto en acción