O último reloxo deportivo de Garmin integra notificacións do móbil
mércores, 1 de outubro do 2014
- O novo reloxo deportivo de Garmin é compatible coa aplicación Garmin Connect para iOS e Android, pero tamén pode sincronizarse co smartphone para recibir notificacións
Os reloxos deportivos están aÃnda moi lonxe de estar mortos,
pese á emerxencia dos smartwatches e, de feito, atrévense a achegar posturas,
ao igual que hai cámaras fotográficas que optan por integrar conectividade sen
fÃos para competir cos smartphones en certos usos. Temos asà que Garmin
presenta o seu novo reloxo de referencia, o Forerunner 920XT, que non se
limita a axudar nos adestramentos multi-deporte, senón que tamén incorpora a
posibilidade de conectalo cun smartphone para recibir notificacións (de
chamadas, mensaxes de texto e correos electrónicos).
O Forerunner 920XT avanza en deseño sobre o seu predecesor, o modelo 910XT,
conseguindo ser un 15% máis lixeiro e un 18% máis fino, á vez que conta cunha
correa flexible e cómoda e unha pantalla a cor, caracterÃstica que non lle
impide poder gozar dunha autonomÃa de 24 horas co GPS activado e até 4 semanas
como reloxo co Bluetooth e o monitor de actividade activado (algo do que poucos
smartwatches poden presumir actualmente). Tamén conta cun modo Ultra Trac que
permite alonga a autonomÃa até 40 horas sen deixar de estar conectado aos
satélites.
Este reloxo pode funcionar como un monitor de actividade diaria, gardando un
rexistro dos pasos que se dan cada dÃa, das calorÃas que se gastan, das
distancias que se percorren... chegando incluso a vibrar para lembrar ao
usuario que precisa moverse máis os dÃas nos que está menos activo. Na liña
doutros dispositivos cuantificadores
de actividade, o Forerunner 920XT tamén pode monitorizar o sono.
Pero a principal funcionalidade deste novo dispositivo é o seu uso como reloxo
multi-deporte, podendo empregarse durante a práctica de actividades como
correr, nadar ou ir en bicicleta, sendo capaz de monitorizar a natación tanto
en piscina como en augas abertas, ofrecer datos de pendente e desnivel cando
facemos ciclismo (sendo compatible tamén con sensores de velocidade, cadencia,
pulsÃmetros...) e incluso pode axudar a manter o ritmo das nosas zancadas
correndo.
Un trebello realmente completo, que chegará
ao mercado en cores negra/azul e branca/vermella a prezos
que nos EE.UU. parten dos 449,99 dólares (356,63 euros) aos que haberÃa que
engadir 50 dólares de adquirirse cun monitor de ritmo cardÃaco. En España aÃnda
tardaremos unhas poucas semanas en ver os novos reloxos nas tendas.
- O Garmin Forerunner 920XT soporta auga até 50 metros de profundidade
VÃdeo promocional do Garmin Forerunner 920XT