O último xogo de Shin-chan chegará a Europa

martes, 28 de xuño do 2022 Marcus Fernández

As series de animación xaponesas contan en moitas ocasións con adaptacións ao videoxogo que, ante as dificultades de localización, non chegan a ver a luz fóra do Xapón, de aí que sexa unha magnífica nova que o último xogo de Shin-chan vaia comercializarse internacionalmente con subtítulos en inglés, xaponés, alemán, portugués e español.
Shin-chan: Me and the Professor on Summer Vacation – The Endless Seven-Day Journey é o título deste xogo que saíu hai uns meses no Xapón na súa versión para Nintendo Switch e en agosto estreará versión para PlayStation 4, momento que aproveitarán para lanzar en EE.UU. e Europa o xogo para ambas plataformas en formato descargable (aínda que nalgúns mercados poderase adquirir o xogo en formato físico e incluso nalgunha das edicións especiais dispoñibles no Xapón).

No xogo, Shinnosuke está de vacacións coa súa familia e explora a zona cazando bechos, facendo fotografías, pescando e axudando aos habitantes da vila á vez que investiga un misterio local.

Tráiler do xogo na súa versión para Nintendo Switch

PUBLICIDADE