O último xogo de recreativa das Tartarugas Mutantes chegará a consolas e PC

martes, 27 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

As Tartarugas Mutantes tiveron unha forte presenza televisiva nos últimos anos grazas a unha serie de Nickelodeon, que en 2017 inspirou o xogo de recreativa Teenage Mutant Ninja Turtles Arcade: Wrath of the Mutants, desenvolvido por Raw Thrills e Raw Thrills, e que agora anuncian que o 23 de abril chegará a Xbox One, Xbox Series X|S, PS4, PS5, Nintendo Switch e PC a un prezo 29,99 dólares.
O xogo, que permitía xogar en cooperativo local de até 4 xogadores lembrando ás clásicas máquinas recreativas das Tartarugas Mutantes, non só incluirá os contidos orixinais da súa versión para salóns recreativos (que incluían 6 niveis e 13 xefes finais), senón que tamén contarán con 3 novos escenarios e 6 xefes finais completamente novos, polo que estamos ante un título máis completo, o que resulta acaído para un título que pode gozarse no fogar sen ter que pagar por cada partida (ou sexa, ao que pode destinárselle moito máis tempo de xogo).

Tráiler de Teenage Mutant Ninja Turtles Arcade: Wrath of the Mutants