O uso da IA no diagnóstico médico, a debate no Campus de Ferrol en marzo
xoves, 5 de febreiro do 2026

- O catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle os dÃas 12 e 13 de marzo as xornadas sobre FilosofÃa da Medicina que organiza o Centro de Investigación en FilosofÃa da Ciencia e da TecnoloxÃa (CIFCYT) da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Sociedad de Lógica, MetodologÃa y FilosofÃa de la Ciencia en España, baixo a coordinación do catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González.
Entre os relatores convidados a participar nestas xornadas figura a directora do Centro de Bioética, Saúde e Sociedade no Wake Forest College, en Carolina do Norte, Ana LucÃa Smith Iltis; a catedrática da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) e membro da Academia Internacional de FilosofÃa das Ciencias (AIPS), Atocha Aliseda; e o profesor asociado do Departamento de FilosofÃa na University of Utah, nos Estados Unidos, ademais de editor asociado do British Journal for Philosophy of Science, Jonah N. Schupbach.
No programa desta edición atopamos tamén ao catedrático de FilosofÃa na University of Liverpool, en Reino Unido, Thomas Schramme; ao catedrático da Universitat Abat Oliba CEU de Barcelona e especialista en temas de Bioética, Aquilino Cayuela Cayuela; e ao profesor do Departamento de Historia e FilosofÃa da Ciencia (HPS) da University of Pittsburgh, nos Estados Unidos, e investigador no eido da Bioética e do Dereito da Saúde, Jonathan Fuller.
As persoas interesadas en participar neste evento que se enmarca dentro das XXXI Xornadas de FilosofÃa e MetodoloxÃa Actual da Ciencia terán que enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a jornadas.filosofia.ciencia@udc.es ou ben chamando ao 881 01 3814 antes das 14h do venres 27 de febreiro. O prezo da matrÃcula oscila entre os 40 e os 80 euros, dependendo de se a persoa inscrita pertence á comunidade universitaria ou ao ámbito profesional.
O programa das xornadas está dispoñible en PDF.
