O venres comezan as rebaixas de Nadal de PlayStation

mércores, 19 de decembro do 2018 Marcus Fernández

A PlayStation Store tentou animar as vendas das pasadas semanas con ofertas de fin de semana a xeito de conta atrás para o Nadal, e finalmente chegan as súas ofertas de Nadal para hardware e software de PlayStation, que estarán dispoñibles entre os días 21 de decembro e 5 de xaneiro, permitindo así mercar consolas PS4, o PlayStation VR e moitos xogos a prezos reducidos.
Deste xeito poderemos mercar unha PlayStation 4 por a partires de 199,99 euros; unha PlayStation VR coa PS Camera, PS VR World e Astro Bot Rescue Mission por 199,99 euros; lotes de PS4 de 1 TB con xogo (como Red Dead Redemption 2 ou FIFA 19) por 249,99 euros; a compra conxunta de 2 xogos da serie PlayStation Hits a un prezo de só 30 euros, e logo interesantes ofertas nos xogos do momento, como Marvel’s Spider-Man por 39,99 euros, God of War por 29,99 euros, Detroit Become Human por 19,99 euros ou a edición completa de Horizon: Zero Dawn por 29,99 euros.
A grande diferenza destas rebaixas fronte ás das semanas pasadas é que desta volta aplícanse ás copias físicas dos xogos en todo o territorio español, facendo máis accesible a adquisición de xogos a un prezo reducido.

PUBLICIDADE