O videoxogo galego Shadows of the Afterland chegará a Switch o mes que vén
xoves, 9 de abril do 2026

- Rubén López e Silvia Izquierdo de Aruma Studios
O pasado 10 de febreiro o estudio de videoxogos coruñés Aruma Studios estreou en Steam a súa última creación, Shadows of the Afterland, unha aventura point‑and‑click que combina misterio policial, humor sobrenatural e unha estética pixel art que recrea o Madrid dos anos 60. Os responsables do estudio, Rubén López e Silvia Izquierdo, xa nos comentaron no seu momento que cando veu a luz o xogo en PC a versión para Nintendo Switch estaba en marcha e xa era plenamente xogable, confirmando o pasado 23 de marzo que xa remitiran esa versión do xogo a Nintendo para a súa revisión, e finalmente a compañÃa nipoa deu luz verde a este xogo galego, que verá a luz en Nintendo Switch o vindeiro 5 de maio.
Shadows of the Afterland xa figura na tenda dixital de Nintendo, podendo engadirse á listaxe de desexos dos usuarios, que terán que agardar preto dun mes para poder facerse con este coidado tÃtulo por 14,95 euros. O xogo, aÃnda que está desenvolvido para Nintendo Switch, sobra dicir que tamén é compatible con Nintendo Switch 2.
A premisa do xogo xira arredor dunha alma que, tras un tránsito frustrado, chega ao máis alá cargando as lembranzas de Carolina, unha das primeiras policÃas da capital… que aÃnda non naceu. Esta fractura temporal e identitaria serve de motor narrativo para unha historia que mestura destino, coraxe e a procura de quen somos realmente. O xogador deberá alternar entre mundos, empregar maxia e posuÃr a personaxes vivos para resolver quebracabezas integrados na trama.
