O vindeiro Call of Duty chamarase Vanguard

luns, 16 de agosto do 2021 Marcus Fernández

A franquía de xogos bélicos Call of Duty prepárase para unha nova iteración, que presentarase oficialmente o vindeiro xoves, pero hoxe desvelaron que o seu nome será Call of Duty: Vanguard. Polo momento só deixaron ver algunhas imaxes de localizacións do xogo, dando a entender que presentará catro frontes da II Guerra Mundial.
Call of Duty: Vanguard está a ser desenvolvido por Sledgehammer Games, responsables de Call of Duty: Advanced Warfare e Call of Duty: WWII, contará con modo compaña, modo multixogador e o xa tradicional modo zombis (creado en colaboración con Treyarch), e pronto coñeceremos máis detalles do que será un dos grandes títulos da segunda metade do ano.

PUBLICIDADE