O vindeiro Prime Day durará 4 dÃas
martes, 17 de xuño do 2025
Amazon celebrará unha nova edición do Prime Day entre o 8 e o 11 de xullo, ampliando a duración do evento, que naceu en 2015 cunha duración de 24 horas e en 2019 se estabilizou en 48 horas. Agora que se dobrou a duración xa se poderiamos falar de Amazon Week. Durante estes perÃodos de promoción a multinacional de comercio electrónico achega centos de milleiros de ofertas para os seus subscritores Prime. Durante eses catro dÃas os clientes Prime poderán acceder a descontos en categorÃas como moda, tecnoloxÃa, fogar, coidado persoal ou xoguetes, tanto de grandes marcas (como Adidas, Sony, Levi’s, Oral B ou Tommy Hilfiger) como de pequenas e medianas empresas presentes na plataforma.
Unha das principais novidades deste ano é a sección Ofertas de hoxe, que cada medianoite activará novas promocións con tempo limitado en distintas categorÃas. Ademais, Amazon ofrece descontos anticipados a partir do 17 de xuño en artigos de Amazon Essentials, dispositivos como Echo ou Fire TV, ou produtos da tenda Amazon Segunda Man, con rebaixas adicionais do 15 % ata o 7 de xullo.
Como promoción especial, os mozos de 18 a 22 anos e os estudantes poderán acceder a todos os beneficios por metade do prezo habitual da subscrición. Outros incentivos destacados inclúen catro meses gratuÃtos de Amazon Music Unlimited para novos usuarios Prime, tres meses de Kindle Unlimited por 0 euros, e seis videoxogos dispoñibles sen custo con Prime Gaming: Tomb Raider I-III Remastered, Saints Row 2, Saints Row IV Re-Elected, Star Wars: Rebellion, TOEM e Dungeon of the Endless: Definitive Edition.
A nivel alimentario, o supermercado Amazon Fresh ofrecerá descontos de ata o 30 % en marcas como Coca-Cola ou Danone, con entrega no mesmo dÃa, mentres que os clientes da tenda Dia tamén poderán beneficiarse de aforros exclusivos.
