O vindeiro Windows xirará ao redor da IA e a nube
mércores, 13 de agosto do 2025
Nun episodio especial do podcast Windows in the Cloud, Pavan Davuluri, lÃder da división de Windows e Dispositivos de Microsoft, xunto co xestor de produto de IA Christiaan Brinkhoff, debullaron a transformación histórica de Windows cara a unha plataforma centrada na intelixencia artificial e conectada á nube.
Durante a conversa, Davuluri destacou como Windows, ao longo dos seus máis de 40 anos de historia, evolucionou desde un sistema operativo tradicional ata converterse nun ecosistema que potencia a produtividade, a creatividade e a seguridade mediante tecnoloxÃas de última xeración.
Esta nova etapa, segundo os executivos, está marcada por unha integración profunda da IA en todos os aspectos da experiencia do usuario, desde a asistencia personalizada ata a automatización de tarefas complexas.
«En esencia, o concepto de que o teu ordenador poida realmente mirar a túa pantalla e ter consciencia do contexto vai converterse nunha modalidade importante para nós no futuro» – apunta Davuluri, engadindo que «o aspecto das interfaces humanas hoxe e o que terán dentro de cinco anos é unha das grandes áreas de impulso para nós no proceso de evolución continua de Windows. O sistema operativo é cada vez máis axente e multimodal... esa é unha área na que estamos a realizar un enorme investimento e onde se producirán cambios significativos» xa que «a computación será omnipresente, no sentido de que as experiencias en Windows van empregar unha combinación de capacidades locais e na nube».
Sosteñen que a combinación da IA e a nube non só redefine o que significa usar Windows, senón que tamén abre novas posibilidades para o desenvolvemento de aplicacións, a colaboración remota e a xestión de dispositivos.
Conversa entre Christiaan Brinkhoff e Pavan Davuluri sobre o Windows do futuro
