O vindeiro día 28 celebrarase unha nova edición de GaliciaTIC

luns, 19 de outubro do 2015 Marcus Fernández

O Centro de Innovación Cultural (CINC) na Cidade da Cultura será o escenario para a celebración de GaliciaTIC 2015, congreso no que se amosa o avance tecnolóxico do sector TIC e que serve de plataforma de debate sobre o mesmo, para o que contan coa colaboración de numerosas entidades como o CPEIG, o Cluster TIC, Gradiant e o CITIC.
Esta nova edición abordará a transformación dixital das organizacións (Big Data, Mobile Cloud e IoT) e as tecnoloxías máis innovadoras que desenvolven empresas galegas, servindo así como un atractivo escaparate do sector TIC de cara ao sector empresarial e profesional.
Está aberta a inscrición en liña a este encontro, que ten un custo de 50 euros para participantes ordinarios, aínda que os patrocinadores tamén remitirán convites que facilitarán a inscrición de balde.

GaliciaTIC 2015 contará co seguinte programa:
· 10:00 – APERTURA
Preside: Mº del Mar Pereira. directora da AMTEGA
Carlos Conde. presidente de INEO
Miguel Merino. director de GALICIATIC
· 10:30 – CONFERENCIA: TRANSFORMACIÓN DIXITAL: A NOVA REVOLUCION DE ECOSISTEMAS E PLATAFORMAS
Isabel Fernandez, digital director Iberia de ORACLE DIGITAL
· 11:00 – CONFERENCIA: BYOD E A EXPLOSION DA MOBILIDADE
Javier Pérez, arquitecto de solucións de HP Networking
· 11:30 – PAUSA CAFÉ
· 12:00 – MESA DEBATE: DESAFIOS E OPORTUNIDADES PARA O SECTOR TIC EN GALICIA
IMATIA; EDISA; EMETEL; TELEVES; SITUM
Modera: CLUSTER TIC DE GALICIA
· 12:00 – MESA-OBRADOIRO: ACHEGAS DE BUSINESS INTELLIGENCE AOS NOVOS DESAFIOS DAS EMPRESAS
Coordina: SEIDOR y QlikView
· 13:00 – CONFERENCIA: GOBERNO DIXITAL
José Luis García, xerente de desenvolvemento de negocio de Goberno de MICROSOFT
· 13:30 - PAUSA XANTAR
· 15:00 – CONFERENCIA: FUJITSU E INTEL, UNHA SOLUCION INTEGRAL AOS RETOS DO BIG DATA-BUSINESS ANALYTICS -Justo Gallo, director de Business Analytics de FUJITSU
- Simón Viñal, director de tecnoloxía de INTEL CORPORATION IBERIA
· 16:00 - MESA-OBRADOIRO: DESENVOLVEMENTO RAPIDO DE APLICACIONS MOBILES CON ONTIMIZE
Coordina: IMATIA
· 16:00 – MESA-OBRADOIRO: APLICACIÓNS SMART EN PORTOS
Coordina: EMETEL
· 17:00 – MESA-OBRADOIRO: TECNOLOXÍA SEMANTICA. CONTRIBUCIÓN AO BIG DATA
Coordina: SERIKAT
· 17:00 – MESA-OBRADOIRO: INNOVACION ABERTA COMO PONTE ENTRE A CORPORACION E A STAR UP
Coordina: EVERIS

PUBLICIDADE