O vindeiro marzo sairá á venda unha nova videoconsola de Nintendo
xoves, 20 de outubro do 2016
A
futura consola de videoxogos de Nintendo deixouse ver finalmente, e tras moitos
meses de espera confirmáronse os rumores de que o proxecto coñecido como
Nintendo NX era unha consola hÃbrida entre sobremesa e portátil, sendo o nome
comercial polo que optou a compañÃa nipoa para a súa comercialización Nintendo
Switch. Un detalle que contribuÃu enormemente a que o vÃdeo de presentación
da nova máquina fose moi ben recibido é que non fará moi longa a espera pola
consola, xa que en vez de saÃr de cara á campaña de Nadal de 2017 o
seu lanzamento comercial será o vindeiro mes de marzo, o que disparou o
interese pola consola, asà como as esperanzas dun bo futuro para Nintendo ao
entenderse que atinaron co seu novo concepto de consola.
A Nintendo Switch estarÃa composta por unha especie de tableta (que convértese
nunha consola doméstica ao introducila nunha base que podemos conectar ao televisor)
e un par de mandos Joy-Con que poden conectarse a ambos lados da consola se
queremos empregar un control de xogo máis propio dunha tableta, pero que tamén
serven como mandos sen fÃos cun deseño bastante básico que incluso poderÃan
empregarse para xogar coa Nintendo Switch até 2 persoas á vez, aÃnda que é moi
posible que a meirande parte de usuarios opten por usar un mando Pro (cunha
disposición de elementos moi semellante ao mando da Xbox One) para xogar tanto
no fogar como en calquera outro lugar.
O orixinal concepto de consola xa parece que vai garantirlle o éxito inicial, ao
que tamén axuda que 48 firmas (entre as que están compañÃas como Bandai Namco, Capcom,
Electronic Arts, Bethesda, PlatinumGames, SEGA, Telltale Games, THQ, TT Games
ou Ubisoft) anunciasen que xa están a traballar en tÃtulos para esta nova
plataforma de videoxogos da que aÃnda sabemos poucos detalles, pero que
conceptualmente parece todo un acerto.
AÃnda que parece difÃcil que a nova consola poda rivalizar coa Xbox One ou a
PlayStation 4 a nivel de potencia de hardware, a súa versatilidade parece que
compensará tal eiva, que tampouco serÃa tan grande xa que funciona cun
procesador nVIDIA Tegra, máis que suficiente para mover case calquera xogo na
súa pantalla de alta definición cunha diagonal de 7 polgadas.
Polo momento xa están confirmados xogos como Mario Kart, NBA, un novo Super Mario, Splatoon ou Elder Scrolls 5:
Skyrim para a Nintendo Switch, retomando a compañÃa o formato de cartucho, aÃnda
que falta agora que Nintendo vaia debullando detalles como a autonomÃa e o
prezo desta consola que promete revolucionar o sector o ano que vén.
VÃdeo de presentación da Nintendo Switch