O visor do Expediente Xudicial Electrónico rexistrou máis de 58.300 consultas no que vai de ano
mércores, 18 de setembro do 2019
O director
xeral de Xustiza, Juan José MartÃn, destacou hoxe en comisión parlamentaria que
Galicia ten en marcha todas as pezas do Expediente Xudicial Electrónico grazas
as medidas que se veñen desenvolvendo desde 2009. AsÃ, cun investimento que
suma máis de 50 millóns entre os 23 millóns do primeiro Plan Senda 2009-2014 e
o actual Plan Senda 2020, que conta cun orzamento de 26 millóns, xa se puxeron en marcha distintas actuacións
para acadar o papel cero na Administración de Xustiza.
O uso do
visor do expediente xudicial electrónico, unha ferramenta implantada na
totalidade dos órganos xudicias galegos que permite ao persoal xudicial acceder
á información de forma electrónica, estase a incrementar de forma progresiva. O
director xeral de Xustiza expuxo que no que vai de ano realizáronse máis de
58.300 consultas. Só no mes de xullo houbo máis de 7.000 visitas, o que supón
case o dobre que no mesmo mes do ano pasado.
Os
expedientes en formato electrónico albérganse no Repositorio Unificado Xudicial,
a pedra angular da que se serven as novas aplicacións e servizos dixitais ao
centralizar nun único punto toda a información xerada en calquera órgano
xudicial e no que se poden consultar ata dez millóns de procedementos.
O
incremento do uso da sinatura dixital está directamente relacionado co aumento
de órganos xudiciais habilitados con esta funcionalidade. Na actualidade, son
143 os órganos que contan con este mecanismo a través do cal se poden asinar
sentencias e documentos online coa mesma validez que en papel. O ano pasado asináronse
dixitalmente case un millón de documentos por esta vÃa.
Ademais, a
integración da sinatura dixital co sistema de xestión procesual Minerva que
empregan xuÃces, letrados e funcionarios e co Fortuny para a FiscalÃa facilita
un maior uso da sinatura electrónica. Os fiscais xa teñen asinados 42.000
documentos electrónicos a través do sistema Fortuny.
Xunto coa
extensión da sinatura dixital outra das medidas da implantación do Expediente
Xudicial Electrónico son as comunicacións telemáticas entre os operadores
xurÃdicos, a través da ferramenta Lexnet. Durante estes anos leváronse a cabo
máis de 35 millóns de comunicacións con este sistema, cunha media mensual de
600.000.
Os galegos
poden presentar online, a través da sede xudicial electrónica, procedementos
monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagos, que non precisa a
intervención dun avogado ou procurador. A medida está activada en todos os
partidos xudiciais da comunidade e no que vai de 2019 presentáronse máis de 500
escritos iniciadores por esta sede.
O director
xeral de Xustiza tamén explicou que o sistema de gravación de vistas coa
sinatura dixital eFidelius funciona no 90% das salas de vistas e, ademais,
estase a poñer en marcha a dotación
progresiva de salas de vistas dixitais. Na actualidade hai dez que poden
considerarse salas dixitais e este ano incorporaranse outras 30.
A
totalidade das sedes xudiciais de Galicia tamén conta con sistemas de
videoconferencia e esta rede incrementouse o ano pasado con 10 novos equipos
ata contar con case un cento de dispositivos.
A Xunta
está a traballar ademais na renovación dos equipos dos postos de traballo,
tanto de equipos de sobremesa, como de portátiles, o que permitiu reducir a
antigüidade dos ordenadores de cinco a tres anos.