O xerador de vÃdeo Sora chega á Unión Europea
venres, 28 de febreiro do 2025
OpenAI sorprendeu hai un ano presentando un modelo de IA capaz de crear vÃdeo con grande realismo, e non foi até o pasado mes de decembro cando o abriu ao público deixando fóra a Unión Europea, para frustración de moitos que querÃan tirar proveito desta tecnoloxÃa até hoxe, cando OpenAI anuncia a chegada de Sora aos subscritores de ChatGPT Plus e Pro na Unión Europea, Reino Unido, SuÃza, Noruega, Liechtenstein e Islandia.
Os subscritores de ChatGPT Plus, por 20 dólares/mes, poderán crar até 50 vÃdeos (1.000 créditos) con Sora cunha resolución de até 720p e até 10 segundos de duración; mentres que os subscritores de ChatGPT Pro, por 200 dólares/mes, poderán crear até 500 vÃdeos (10.000 créditos) con Sora con resolucións até 1080p e até 20 segundos de duración, coa posibilidade de xerar até 5 vÃdeos á vez e poder descargalos sen marca de auga. Entendemos asà que a subscrición Plus está pensada unicamente para explorar as posibilidades de Sora, mentres que a subscrición Pro permite xa tirar un proveito efectivo desta ferramenta que resultaba moi prometedora hai un ano, pero que no camiño foi quedando eclipsada por competidores como Veo 2 de Google DeepMind, que demostrou capacidades moi superiores (como poder xerar vÃdeo en 4K).