O xogo Rocksmith presume de ser o xeito máis rápido de aprender a tocar a guitarra
xoves, 6 de xuño do 2013
AÃnda que o xogo musical que funciona con guitarras reais Rocksmith chegou a España sen facer moito ruÃdo,
dende Ubisoft aseguran que non só está a ser todo un éxito, senón que un estudio
desenvolvido por Research Strategy Group conclúe que é o xeito máis rápido de
aprender a tocar a guitarra, confirmando os datos dun estudo anterior do
Toluna Group que aseguraba que o 95% das persoas que xogaran a Rocksmith melloraran
a súa habilidade coa guitarra.
No tempo que este orixinal xogo está á venda conseguiu vender 1,4 millóns de
copias en todo o mundo e 3 millóns de cancións do seu catálogo de descargas
(composto por 143 temas dos que o máis descargado serÃa Free Bird de Lynyrd Skynyrd). Outros datos que poden resultar interesantes
sobre este xogo son que só o 23% dos
seus usuarios nunca tocaran a guitarra, provocou a compra de 132.000 guitarras
(estÃmase que o 14% das que se mercaron en 2011 foron por mor deste tÃtulo) e o
82% dos consultados consideran que é o xeito máis divertido de aprender a tocar
a guitarra, o que consegue tanto a través de leccións, como a través de xogos
(que van dende a interpretación de temas dun xeito semellante a Guitar Hero ata mini-xogos nos que
correr por unha pista tocando notas soltas ou matar zombis a través de
acordes).
VÃdeo sobre o estudo que asegura que Rocksmith é o xeito máis rápido de aprender a tocar a guitarra
- InfografÃa con algúns datos sobre Rocksmith