O xogo SimCity</Em> rexurdirá para PC en 2013
mércores, 7 de marzo do 2012
- Lucy Bradshaw anunciou a volta de SimCity ao PC durante a GDC 2012
A
pasada noite no contorno da Games Developers Conference tivo lugar un evento
chamado EA Game Changers no que Lucy Bradshaw
anunciou que o ano que vén a franquía SimCity
vai volver ao PC, nun xogo que vai incluír moitas novidades, no que podería
entenderse como unha actualización do xogo aos tempos actuais.
Este novo título, coñecido por moitos como SimCity
5 (aínda que o seu nome oficial será simplemente SimCity) está a ser desenvolvido polo estudo EA Maxis, e ofrecerá
uns gráficos tridimensionais moi coidados, dirá adeus as estradas sempre rectas
e contará cunha característica chamada Social
Flow que indica que o que realicemos na nosa cidade terá repercusións
noutras poboacións (e viceversa) pois o seu mundo terá recursos limitados.
SimCity será así un título de peso e
non un simple xogo de Facebook (aínda que tamén contará con elementos
multixogador, de xeito que tanto podemos axudar como prexudicar ás cidades veciñas), no que volverase á esencia da
simulación urbana propia da saga, potenciada polas posibilidades dos
ordenadores actuais. O xogo propón
que creemos cidades únicas cada vez que xoguemos, especializándoa nun
sector, de xeito que podemos optar por enchela de casinos para que viva do
turismo, de escolas para que sexa un enclave académico ou de fábricas para
convertelo no motor industrial da rexión.
Trailer de presentación de SimCity
- O xogo permitirá a especialización das cidades