O xogo de Guardianes de la Galaxia iniciará a súa andaina o 18 de abril

mércores, 29 de marzo do 2017 Marcus Fernández

O 28 de abril chegará aos cines o filme Guardiantes de la Galaxia Vol. 2, pero os seareiros de Peter Quill e os seus amigos non terán que agardar tanto para gozar das súas aventuras, xa que Telltale vén de anunciar que o videoxogo baseado nestes personaxes adiantarse uns días, e estreará o seu primeiro capítulo o 18 de abril con versión para PlayStation 4, Xbox One, PC, iOS e Android, mentres que os que prefiran optar pola súa versión en formato físico co pase de tempada terán que agardar ao 5 de maio.
O primeiro dos cinco episodios do novo xogo de Telltale titularase Tangled Up in Blue e mañá mesmo estreará tráiler, aínda que para ir abrindo boca xa publican o deseño da súa edición física e unha imaxe na que podemos ver a Drax enfrontándose ao titán tolo Thanos, o que semella un adianto da trama desta prometedora aventura gráfica.

JPEG - 141.4 KB
Imaxe na que podemos ver a Drax o Destrutor enfrontándose ao malvado Thanos
JPEG - 223.9 KB
Telltale amosou o deseño da caixa que terá o xogo cando chegue ás tendas en maio

ACTUALIZACIÓN (30-3-2017): Velaquí o novo tráiler do xogo:

PUBLICIDADE