O xogo de Los Caballeros del Zodíaco</Em> chegará a España o 16 de marzo

venres, 13 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Nun principio estaba previsto que o xogo hack and slash inspirado na serie de animación de Los Caballeros del Zodíaco que Namco Bandai Games está a desenvolver para PlayStation 3 chegase a Europa o vindeiro mes, pero finalmente concrétase a data de lanzamento de Saint Seiya: Batalla por el Santuario, que será o 16 de marzo. O xogo permitirá revivir a loita dos Cabaleiros de Bronce (Pegaso, Dragón, Cisne, Andrómeda e Fénix) contra os Cabaleiros de Ouro, contando tamén con combates multitudinarios e permitindo tamén que o xogador controle a un dos guerreiros cunha armadura de ouro.
Ata o momento sabiamos que no Xapón o xogo contaría con edicións de coleccionista, que finalmente tamén chegarán a España e que incluirán contidos descargables, unha caixa especial e unha figura de acción de Pegaso coa armadura dourada de Saxitario.

No xogo non faltarán os combates multitudinarios
O Cabaleiro de Pegaso derrotando a un Cabaleiro de Ouro