O xogo de balde Battlefield Heroes non incluirá publicidade dentro do xogo

martes, 4 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Hai uns meses Electronic Arts anunciou que o xogo para PC Battlefield Heroes sería de balde grazas á que se financiaría mediante publicidade, pero finalmente detallan que tal publicidade non estará integrada no xogo senón que aparecerá unicamente na súa páxina web, conservando a gratuitidade do xogo, e sen resultar moi intrusiva.
O título tamén permitirá a personalización da aparencia do noso personaxe, así como xogar en rede (de xeito que nos enfrontaremos a rivais do noso mesmo nivel, para facer as partidas o máis competitivas posible).


Trailer do xogo

Nos pasados días tamén se publicou un trailer do xogo, así coma imaxes do mesmo, que teñen un acabado bastante bo, polo que parece probable que os usuarios se acheguen en masa a Battlefield Heroes cando estea dispoñible.

PUBLICIDADE