O xogo en streaming de Xbox chega aos visores Meta Quest
mércores, 13 de decembro do 2023
Os usuarios de visores
de realidade virtual Meta Quest 2, 3 e Pro poden por fin descargar a aplicación de
Xbox Cloud Gaming, que aÃnda que polo
momento só é unha beta, xa permite gozar do xogo en streaming de Microsoft na
realidade virtual, na que se simula unha grande pantalla na que se presentan os
xogos, de xeito que pode conseguirse unha experiencia bastante impresionante
sen contar con consola nin televisor, valéndose unicamente dun dispositivo Meta
Quest conectado á Internet e un mando de xogo (os mandos de Xbox e PS4, asÃ
como o Nintendo Switch Pro con compatibles, estando prevista a compatibilidade con
mandos de PS5 no futuro).
Para poder gozar do xogo en streaming é preciso contar cunha subscrición a Xbox
Game Pass, e non só evita a necesidade dunha consola e un televisor, senón que
tamén aforra a molestia de ter que instalar os xogos, que a través da nube
cargan a grande velocidade.
AÃnda que esta aplicación está deseñada para o seu uso en realidade virtual, os
usuarios que teñen Meta Quest 3 ou Pro poderán aproveitar as cámaras exteriores
a cor do visor para converter o xogo nunha experiencia de realidade aumentada,
na que poden ver o seu contorno, no que aparecerá unha pantalla cos centos de
xogos do servizo de Microsoft.
VÃdeo promocional do xogo na nube de Xbox en Meta Quest