O xogo español The Sexy Brutale sae á venda

mércores, 12 de abril do 2017 Marcus Fernández

O estudio de videoxogos Tequila Works completou hoxe o lanzamento da súa nova produción, The Sexy Brutale, aventura de quebracabezas ambientada nun baile de máscaras mortal que xa podemos mercar para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Steam e GOG) a un prezo de 19,99 euros.
Neste orixinal xogo teremos que desentrañar os segredos da mansión casino The Sexy Brutale e dos seus habitantes, a medida que reviven este mortal baile de máscaras unha e outra vez. A medida que a trama transcorre en tempo real, o xogador debe atopar o xeito de resolver todos os enigmas e rachar o ciclo, salvando a todos os convidados e a si mesmo.
Estamos ante un xogo que pode lembrarnos á película de 1993 Atrapado en el tiempo, xa que teremos que revivir as mesmas horas dun único día dende distintos puntos de vista e localizacións para chegar a entender todo o que acontece e así poder evitar toda a serie de asasinatos que teñen lugar nunha curiosa mansión inglesa reconvertida en casino.

No xogo haberá que desentrañar os segredos dunha mansión casino.

Tráiler de lanzamento de The Sexy Brutale

PUBLICIDADE