O xogo galego The Pet Squad buscará apoio a través de Kickstarter
mércores, 19 de febreiro do 2025
Durante a semana que vén Steam vai celebrar o Next Fest, unha celebración para dar a coñecer xogos que están por vir, oportunidade que vai aproveitar o estudio galego devMO para lanzar unha campaña de micromecenado en Kickstarter para financiar o seu xogo The Pet Squad, que actualmente ten dispoñible unha versión de demostración en Steam e que pretende ver a luz no primeiro trimestre de 2026.
The Pet Squad é un xogo de estratexia e quebracabezas, con estética pixel art, que asegura estar inspirado no clásico Lemmings, pero substituÃndo as criaturas do tÃtulo de Psygnosis por animais evolucionados artificialmente, que teremos que guiar como operador para levalos polo camiño correcto e protexelos de inimigos e de si mesmos empregando avanzada tecnoloxÃa que permite dende teletransportar obxectos até ralentizar o tempo.
O vindeiro luns será o dÃa no que botará a andar a campaña de micromecenado deste traballo que conseguiu o Premio ao videoxogo máis innovador no Ourense Film Festival e tamén o Premio ao Xogo Revelación na pasada edición da Kokoro Japan Expo de Vigo, podendo ser este último recoñecemento un bo presaxio, xa que o ano anterior na Kokoro galardoouse ao xogo Avy, Fábulas da Noite, que rematou facéndose co premio a Mellor Arte dos PlayStation Talents.
- A versión de demostración de The Pet Squad conta co opción de xogar en galego
Tráiler de The Pet Squad