O xogo na nube chega ás consolas Xbox
mércores, 17 de novembro do 2021
Na semana na que a Xbox orixinal celebra os seus 20 anos os
subscritores de Game Pass Ultimate tamén comezan
a ter acceso ao servizo de xogo na nube Xbox Cloud Gaming dende consolas Xbox
One e Xbox Series X|S, aÃnda que a expansión deste servizo realizarase de
xeito progresivo, tardando varias semanas en chegar á totalidade de usuarios das
25 rexións nas que está operativo o servizo de xogo mediante streaming.
Se ben en consolas Xbox Series X|S a experiencia de xogo será moi superior
instalando os xogos en local, a posibilidade de poder iniciar rapidamente unha
partida aproveitando o poder da nube resulta moi práctico para probar un tÃtulo
ou para participar nunha partida en liña esporádica; mentres que no caso de
usuarios de consolas Xbox One temos que se lles abre a porta a xogos non dispoñibles
para consolas da anterior xeración, e incluso hai xogos multiplataforma que
ofrecerán unha experiencia moi superior a través de Xbox Cloud Gaming, xa que as
máquinas que ofrecen o servizo en liña son da xeración actual, o que supón maior
potencia gráfica e menores tempos de carga.
Os usuarios de Xbox One poderán aproveitar o xogo na nube para gozar de tÃtulos
de Series X|S como Recompile, The Medium e The Riftbreaker,
aÃnda que a primeiros de 2022 chegará un tÃtulo que considerarán todo un
agasallo: Microsoft Flight Simulator. Deste xeito, este esixente xogo estará
ao alcance para quen non dese o salto á nova xeración de consolas ou a quen non
teña un ordenador de alta gama capaz de mover este tÃtulo.