O xogo na nube de Xbox chega aos televisores de Samsung
venres, 1 de xullo do 2022
A aplicación de Xbox xa
está dispoñible para os Smart TV de Samsung do presente ano, o que facilita
o acceso a centos de xogos de Xbox Game Pass na nube, ou sexa, que pódese xogar
a tÃtulos como Halo Infinite, Forza Horizon 5 e Microsoft
Flight Simulator sen necesidade de consola.
Para poder gozar deste servizo de consola na nube, aparte de contar cun
televisor recente, tamén é preciso estar subscrito a Xbox Game Pass Ultimate,
aÃnda que os usuarios que non están subscritos ao servizo si poden probar a
experiencia ao grande, xa que Epic Games chegou a un acordo con Microsoft para
que o Fortnite estea dispoñible para calquera usuarios sen ter que pagar
polo servizo.
Para controlar os xogos dende o televisor pódese empregar case calquera mando
Bluetooth (sendo o máis recomendable o das consolas Xbox), de xeito que a
experiencia de consola sen consola é cada vez máis accesible.
Espérase que nos vindeiros meses Microsoft comercialice un dispositivo HDMI
para poder gozar do xogo na nube en televisores que non teñan dispoñible a
aplicación de Xbox.
VÃdeo promocional do xogo na nube de Xbox nos televisores de Samsung