O xurado da sexta edición dos Altia Premia anuncia os nomes das e dos finalistas
xoves, 23 de xaneiro do 2025
- O equipo integrante do xurado do novo certame Altia Premia
A empresa tecnolóxica Altia, con sede en Oleiros (A Coruña), anunciou os nomes das persoas finalistas na sexta edición do seu certame Altia Premia, impulsado xunto coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo de “recoñecer o talento novo e impulsar a innovación tecnolóxica entre a mocidade”. Nesta edición, Altia salienta que os proxectos destacan pola súa aplicabilidade e potencial para xerar un impacto positivo en distintos sectores, desde a saúde á educación.
Nesta sexta edición, o xurado, composto por profesionais de Altia e da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela, seleccionou os cinco Traballos Fin de Grao que optarán ao premio final de 1.500€, destacando a gran calidade dos proxectos presentados.
As mozas e os mozos finalistas son:
-Antía Varela Rey - Emobook. Evolución dunha aplicación de historias de vida para sesión de músico-terapia.
-Carla Pereira Iglesias - Estudio poboacional e de correlación en pacientes en rehabilitación cardíaca.
-Martín Omil Nogueiras - Os meus pictocontos: contos animados e interactivos para todo o mundo.
-Raúl José Salgado García - Prismatic: Aprendizaxe automática para segmentación de imaxe médica multimodal cardíaca.
-Uxía Carro Tacón - Periostage: aplicación para a anotación do periodontograma e cálculo do estadio da enfermidade periodontal.
Os proxectos finalistas serán presentados ante o xurado o 6 de febreiro de 2025.