O2 chega a un acordo con Correos

martes, 12 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O operador de baixo custo de Telefónica, O2, vai experimentar grandes cambios o vindeiro día 18 pois, aparte dunha baixada de prezo en boa parte do territorio (lembremos que en Vigo os seus servizos eran máis baratos que no resto de Galicia), tamén vai comezar a comercializarse a través das oficinas de Correos, ou sexa, que contará cunha rede de 2.396 oficinas, facilitando así a súa contratación por parte de usuarios que queiran realizar o trámite da alta nun establecemento físico. Até o momento os únicos establecementos físicos que facilitaban a contratación de O2 eran as tendas da cadea MediaMarkt (5 en Galicia).
Actualmente O2 limita a súa oferta a liñas móbiles con 20 GB de datos e chamadas ilimitadas por 20 euros/mes e unha tarifa combinada que tamén conta con fibra óptica simétrica de 100 Mbps e liña fixa (con chamadas ilimitadas a números fixos) por 50 euros/mes.

PUBLICIDADE