O2 inclúe Movistar Plus+ na súa tarifa máis completa
luns, 12 de agosto do 2024
O operador de baixo custo de Telefónica, O2, vén de renovar a súa tarifa combinada de fibra e móbil máis completa, con fibra a 1 Gbps e 200 GB de datos no móbil por 50 euros/mes, incorporándolle sen custo adicional unha subscrición a Movistar Plus+ (valorada en 9,99 euros). Esta nova tarifa está dispoñible tanto para usuarios novos como para actuais.
Deste xeito, os usuarios con fibra de O2 poden gozar de contidos audiovisuais que inclúen cine, series, documentais, deportes, programas orixinais e máis de 80 canles sen ter que contratar un servizo de televisión propio dun operador tradicional, dependente dun dispositivo receptor, xa que Movistar Plus+ pode consumirse directamente dende dispositivos móbiles, ordenadores e televisores conectados, o que permite manter prezos tan agresivos, á vez que ofrecen unha maior versatilidade para o consumidor.
Cómpre salientar que para gozar desta subscrición audiovisual hai que seguir distintos pasos en función de se xa temos usuario creado en Movistar Plus+, e se temos unha subscrición activa.