O2 sorprende cunha tarifa con fibra, móbil, fixo e televisión por 38 euros/mes
luns, 10 de marzo do 2025
A operadora de baixo custo de Telefónica está a lanzar unha nova tarifa que parece estar a ser moi ben recibida comercialmente, pola súa integración de servizos a un prezo moi axustado. Trátase da tarifa de O2 con 600 Mbps de fibra, móbil con 35 GB de datos en 5G+ e chamadas ilimitadas, liña de telefonÃa fixa con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais, instalación e router de balde e subscrición mensual a Movistar Plus+ por 38 euros/mes.
O2 xa contaba cunha tarifa con fibra de 1 Gbps, móbil con 350 GB de datos e Movistar Plus+ a un prezo de 50 euros/mes, pero o axustar as condicións desta oferta para poder axustar o prezo resulta moi atractivo para novas contratacións, especialmente de querer engadirse liñas móbiles adicionais (que parten de 5 euros/mes con chamadas ilimitadas e 30 GB de datos), para asà poder contar o consumo familiar mantendo un servizo no que o público confÃa por depender dunha grande operadora.
Cómpre salientar que o servizo de Movistar Plus+ non se recibe a través dun dispositivo dedicado, senón que pode gozarse dende o móbil, a tableta, o ordenador, televisores conectados ou dispositivos como un Chromecast a través da súa aplicación oficial, permitindo até 2 reproducións simultáneas en 4K (nos contidos que estean dispoñibles en tal calidade).